2

Familia Caamagno – Máquina virtual

8 octubre, 2022
Share

Atopámonos a través de Twitter con este video, unha verdadeira obra maestra que tira da prehistoria da informática e monta toda unha historia atravesando todas as accións e funcións que os que temos ordenador dende os tempos de Windows 95 (ou antes) temos retidas na nosa memoria grabadas a fuego.

O arranque, as primeiras ventanas, o “Guianamp”, aquelas webs que facían dano aos ollos, o Notepad (que levante a man o que aínda o siga usando a diario), o Paint (o mesmo digo), aqueles primeiros xogos, o mIRC, o Doom, as cargas infinitas que duraban séculos… e finalmente o terrible pantallazo azul que presaxiaba que cousas horrendas ían ocurrir.

Todo iso coroado por un dos estribillos máis perfectos do ano: “Non, non é unha canción de amor, é unha máquina virtual, simulación, vese perfecto e doe igual”.

O video é de Xaime e Antón Miranda.