A plataforma A regueifa ten posto en marcha unha serie de grabacións, ao estilo das Tiny Desk da raio NPR ou dos directos de KEXP. Nelas distintos artistas e distintas bandas presentan, nun formato agarimoso e coidado, as súas cancións e as súas propostas.
Grupos como Chicharrón, Grampoder, O Leo de Matamá, Projecto Mourente ou Devalo apareceron xa polas sesións Miudiño, unha proposta enormemente interesante para coñecer novas bandas e novas sensacións.