Un dos nosos últimos descubrimentos dentro da nova música galega, apuntado ardorosamente por Rosa, é esta artista viguesa, que publicou no ano 2022 un par de discos baixo o nome de Su Garrido Pombo.
O seu último traballo, “Patios de luz” (2022), é dunha fermosura abraiante. Con Marco Maril na producción, o disco está cheo dunha poesía e dunha lírica que chega directamente ao corazón. Usando elementos do folclore galego e da canción popular, e falando da infancia e do enorme que é o mundo cando somos cativos, suma a todo iso un acercamento á música dunha especial modernidade, tanto na voz como no espíritu da propia música; ahí, nos lembra nomes como Cocorosie o a recentemente descuberta Maud the moth.
Su Garrido grabou recentemente dentro do ciclo “Miudiño sessions”, do que xa falamos neste fancine.