Toca hoxe continuar coa nosa serie “Exprimindo recopilatorios”, e para iso imos recuperar un vello CD editado polo selo Lixo urbano, selo mítico da escena punk e rock compostelá e por extensión galega. Neste CD, editado en 1999 co título de “Killer lixo – Remexendo no lixo assassino” (Lixo urbano, 1999), contábase coa presenza por partida doble de varias das bandas que formaban as primeiras referencias do seu catálogo. Así, no CD podemos disfrutar do punk rock de Fame neghra, do hardcore de Thee virus, do rock zeppeliniano de Foggy mental breakdown, da potencia garaxeira dos Fulsomes, do punk puro de Los morta ou Blind river, ou do power pop de The easytones.
É fantástico poder continuar disfrutando de Lixo urbano na actualidade, permanecendo fiel aos seus principios, pero tamén poder botar a ollada atrás e disfrutar deses primeiros traballos realizados por un proxecto fundamental na escena musical galega.