0

Mocho gris – Outro

13 septiembre, 2026
Share

Outra das actividades que retomamos nestes últimos tempos foi acudir ao Festival Sinsal, na Illa de San Simón. En algunha ocasión xa falamos deste festival, ao que acudimos varias veces acompañados dos nosos fillos. Este ano decidimos voltar, tamén con eles, pero xa máis grandes e con outra perspectiva.

Quizáis nos tampouco somos agora os que eramos, pero a sensación que nos deixou o festival foi un pouco de desacougo. Parecería que a intención dos asistentes é moi diferente da que era en 2015 ou 2018 cando frecuentabamos o festival. Ben, como digo, pode ser tamén que nós non somos os mesmos.

A única banda que coñecía do cartel do domingo era o dúo galaicoportugués Mocho gris. Durante algunhas escoitas exhaustivas do catálogo do sello Raso Estudio en Bandcamp xa fiquei namorado desta “Outro”, e a súa letra romántica (no sentido literario) e aventureira. O dúo, reconvertido en cuarteto gracias a dous compoñentes de reforzo para o directo, presentou un emocionante concerto que converteu, como (case) sempre sucede no Sinsal, unha fermosa tarde de vran en un momento máxico imposible de esquecer.