0

Projecto Mourente – Plano B

5 septiembre, 2026
Share

Un dos nosos artistas favoritos dentro do panorama musical do pop galego e en galego é Projecto Mourente, o proxecto persoal de Carlos Valcárcel dende Pontevedra. Mestre da guerra de guerrillas no ámbito do pop, a traxectoria de Projecto Mourente é especial e difícil de seguir, situado sempre ás marxes e no extrarradio.

Así, é unha fantástica noticia atopar unha nova canción de Projecto Mourente. Neste caso é “Plano B”, unha canción construida dende o optimismo máis militante: nunca choveu que non escampase, non hai inverno que non pase. Pois si…